Aviso Legal
CONSULTORíA
 Os nosos servizos de consultaría engloban multitude de estudos tendentes á adecuación e mellora dos sistemas informáticos dos nosos clientes, en aspectos e campos moi diversos dentro da grande amplitude e variedade que hoxe en día supón a informática.

    Estes estudos poden referirse á implantación de novos procesos ou á mellora e adecuación dos existentes.

    Tamén se pode facer referencia á adecuación de empresas a Lei de protección de datos de carácter persoal, para a cal contamos coa colaboración dun gabinete xurídico que leva o aspecto legal, asumindo o noso persoal a parte técnica, permitíndonos abordar este tipo de estudos con garantías xurídicas e técnicas.

    Achegamos a experiencia adquirida na realización de máis dun centenar de estudos de adaptación a Lei de protección de datos de carácter persoal nestes últimos tres anos.