Aviso Legal
SERVIZOS
Dunid naceu con vocación de servizo e esa é a súa razón de ser

Neste ámbito abarcamos practicamente todas as necesidades de índole informática que unha empresa pode demandar.

IMPLANTACIÓN INTEGRAL DE SISTEMAS DE XESTIÓN
    Que van dende a xestión comercial contable e de produción ata a implantación de sistemas ERP e sistemas desenvoltos á medida.

INSTALACIÓN DE REDES CORPORATIVAS
    Servizo que engloba o estudo de necesidades, a instalación, tendido de cable, interconexión de delegacións, redes inalámbricas entre puntos distantes e redes inalámbricas corporativas.

COMUNICACIÓNS
    Conexión con internet, instalación de cortafuegos, telefonía IP, interconexión entre delegacións.

CONSULTARÍA INFORMÁTICA
    Estudos e implantación de necesidades informáticas.

INSTALACIÓN DE SERVIDORES
    Estudo, instalación e posta en marcha de Servidores Windows, bases de datos SQUL Server, Servicios de Exchange Server, Correo Electrónico, Fax compartido, Outlook en rede con Exchange, Servidores Web, Servizos Sharepoint.

MANTEMENTO INTEGRAL DOS SISTEMAS INFORMÁTICOS
    Amais do estudo e implantación destes sistemas na súa empeña, tamén nos encargamos do mantemento integral dos seus sistemas para que vostede poida gozar da tranquilidade de saber que están atendidos en todo momento.

ESTUDO DE PROTECCIÓN DE DATOS
    Os nosos técnicos, en colaboración cun equipo de xuristas, permítennos garantirlle un estudo eficaz de protección de datos.

SEGURIDADE
    É un punto esencial que debe ser afrontado canto antes debido a proliferación de virus e ataques externos que se producen a nivel mundial.
    A conexión a Internet achéganos grandes vantaxes, pero tamén o inconveniente da (falta de) seguridade.

DESENVOLVEMENTOS WEB
    Realizamos proxectos de desenvolvemento web:
-    Encargámonos do seu aloxamento web
-    Achegámoslle servizo de correo electrónico